Terceira longametraxe do islandés Hlynur Pálmason. A película presentouse na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes 2022, no Festival de Toronto e na edición do ano 2022 do Festival de San Sebastián, onde gañou o Premio Zabaltegi-Tabakalera. Pálmason conta unha historia de finais do século XIX. Un mozo sacerdote luterano dinamarqués chega a Islandia coa misión de construír unha igrexa e fotografar os seus habitantes. Un percorrido de sur a norte polas distintas paisaxes de Islandia.
En colaboración coa Filmoteca de Galicia. VOSE.
Venres, 24 de novembro. Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere. Sesión 19:30 h.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.