Ry Cooder, compositor da banda sonora de Paris, Texas, viaxou a Cuba en 1998 para traballar unha vez máis cos lexendarios músicos que gravaran Buena Vista Social Club, o disco de jazz latino e música tradicional cubana que en 1997 foi un éxito no mundo todo. Wim Wenders acompañou a Cooder, asistiu ás novas sesións de estudio destes músicos e pescudou sobre as súas vidas na Habana. Finalmente, rodou os concertos que estes mitos, reunidos de novo como banda co nome de Buena Vista Social Club para unha triunfal xira mundial, ofreceron en Ámsterdam e Nova York. VOSE.
1999: Nominada ao Oscar: Mellor documental
1999: 3 Nominaciónes BAFTA: Mellor película de fala non inglesa, son e música
1999: National Board of Review: Mellor documental
1999: Premios del Cine Europeo: Mellor documental
1999: Círculo de Críticos de Nueva York: Mellor documental
1999: Asociación de Críticos de Los Angeles: Mellor documental