Ir o contido principal
Homenaxe de Fonmiñá
Homenaxe de Fonmiñá

O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá homenaxeou ao Club Cultural Valle-Inclán polo seu 60 aniversario no marco da XLVIII Semana de Cine de Lugo.

Tras as palabras de loubanza ao club por parte de Xulio Xiz, presidente de Fonmiñá, e de Iria Castro, deputada de Cultura, a presidenta Tonina Gay recibiu unha placa conmemorativa de mans de Manuel Curiel, programador da Semana. A continuación, agradeceu a homenaxe e o agasallo, así como a selección do filme Os paraugas de Cherburgo, que abrira as súas actividades en marzo de 1966.

O acto, ao que asistiu un número importante de espectadores, celebrouse no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o luns, 22 de setembro de 2026.

Foto: Marcos López