O Club Cultural Valle-Inclán continúa as proxeccións das “Sesións de Filmoteca” e, no mes de abril, ofrece catro novos filmes de acordo co seguinte programa:
Día 3.- Alma viva, de Cristèle Alves Meira. Portugal, 2022. 88 min
Día 10.- Buena Vista Social Club, de Wim Wenders. USA, 1999. 100 min
Día 17.- Sombras en el paraíso, de Aki Kaurismäki. Finlandia, 1986. 76 min
Día 24.- Diario de un cura rural, de Robert Bresson. Francia, 1951. 120 min
Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber, sesión 19:30 h
Entrada libre e de balde para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria, resto do público, cota proporcional de socio, 2€.
Iniciada a proxección non se permitirá a entrada á sala.
En colaboración coa Xunta de Galicia.