Do 11 ó de 14 abril viaxamos por terras de Burgos e Soria. Pasando por Peñafiel e tendo o hotel en Aranda de Duero visitaremos esta vila histórica e desde ela iremos á cidade romana de Clunia, a Peñaranda de Duero e Lerma, para deternos logo na Abadía de Sto. Domingo de Silos. Iremos tamén á zona de S. Esteban de Gormaz e Burgo de Osma, co seu castelo e catedral, e ó Parque Natural do Río Lobos. Completaremos a viaxe coa visita á cidade celtibérica e romana de Tiermes, volvendo a Lugo por Ayllón.