Adaptación libre dunha das narracións do libro Cousas, de Alfonso R. Castelao, a que comeza “Xa van alá moitos anos…”, La tragedia de Xirobio é a primeira longametraxe de ficción de produción galega. Foi dirixida polo periodista José Signo Garcés e rodada integramente en Vigo en 1930. Promovida por Vicus Films, a súa estrea estaba prevista para 1931, pero esta non se levou finalmente a cabo.
Dividida en cinco partes, a película está ambientada en Vigo no Entroido de 1930, cando o boticario Xirobio recibe a visita do seu amigo Moreno, compañeiro de andanzas nocturnas do protagonista coa proposta dunha “bacanal carnavalesca”.
Filme restaurado en 2002 polo CGAI e Filmoteca Española a partir dos materiais recuperados por Filmoteca Española. Dixitalizado en 4K en 2023.
Muda e con intertítulos en castelán.