O Valle-Inclán visita a Fundación VAC-AN. Nace en 2024 co desexo de defender a figura de José Vázquez Cereijo e proxectar a súa importancia no ámbito artístico e cultural, con especial atención aos seus vínculos con Lugo e Galicia conservando, compartindo e dando continuidade ao seu legado. Un legado que vai moito máis alá da súa obra artística. Pinturas, gravados, libros, fotografías, obxectos, documentos e unha extraordinaria colección de arte conforman un universo persoal que reflicte a súa maneira de mirar, sentir e entender o mundo.
Rematada a visita, compartiremos a tradicional "pulpada" do socio.