Ir o contido principal
Cristina García Rodero: La mirada oculta
Ciclo
Ciclo de cine Páxinas da historia de España
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere
Director
Carlota Nelson
Pais
España
Ano da produción
2023
Xénero
Documental | Biográfico. Fotografía
Duración
70
Produción
Wanda Films
Director de Fotografía
Juan González
Montaxe
Clara Martínez Malagelada
Guión
Carlota Nelson
Música
Victoria de la Vega
Intérpretes
Documental
Sinopse

Ferozmente independente, aclamada pola crítica e autodidacta, a fotógrafa española Cristina García Rodero deu testemuño, durante máis de medio século, dunha España insólita, pero as súas extensas reportaxes sen présa e desde dentro buscaron tamén outras culturas e realidades. Hoxe, esta artista continúa autofinanciando os seus proxectos a longo prazo e documentando como se celebra a vida, o amor, a beleza e a morte no mundo. Aquilo que move e conmove á alma, espírito e corpo humano. Se mergulla no proceso creativo, ofrecendo unha mirada privilexiada sobre a artista.

O filme acompaña a García Rodero por distintas festas populares nacionais e internacionais, así como as súas exposicións e traballo diario, e plasma a súa particular forma de traballar, que foxe do tópico e o exótico para buscar detrás do evidente. Para iso, comparte as emocións e os sentimentos dos retratados, estilo que durante máis de medio século forxou o prestixio dunha fotógrafa capaz de ver a alma humana tras as miradas e os xestos. Este documental participou fóra de concurso, en estrea mundial, na Sección Oficial da Semana Internacional de Cinema de Valladolid, onde Cristina García Rodero recibiu o Premio Especial á Creación Artística

VOE

Premios

Sunny Side of the Doc: Mellor Proxecto da categoría Arts&Culture.