Ir o contido principal
Tasio
Ciclo
Sesións de Filmoteca Abril 2025
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos de O Vello Cárcere
Director
Montxo Armendáriz
Pais
España
Ano da produción
1984
Xénero
Drama | Vida rural
Duración
96
Produción
Elías Querejeta P.C.,
Director de Fotografía
José Luis Alcaine
Montaxe
Pablo G. del Amo
Guión
Montxo Armendáriz, Marisa Ibarra
Música
Ángel Illarramendi
Intérpretes
Patxi Bisquert, Amaia Lasa, Nacho Martinez, José María Asín, Enrique Goicoechea, Elena Uriz, Miguel Ángel Rellán, Francisco Hernández
Sinopse

Tasio aprende o oficio de carboeiro e de cazador furtivo de seu pai. É unha existencia tan sinxela como dura, que el asume con enteireza e orgullo. Conforme vai medrando, decide deixar de traballar para os poderosos que explotan o seu xornal e vivir do que a montaña poida darlle, nin máis nin menos. Os seus amigos vanse á cidade, mais Tasio, nin casando e sendo pai, abandonará o seu estilo de vida.

Ópera prima de Montxo Armendáriz, que realizou tras facer unha curta documental sobre este mesmo tema. Os costumes dos pobos da montaña navarra quedan perfectamente capturados pola exquisita fotografía de José Luis Alcaine, nun relato que desprende un alto valor etnográfico; foi filmado en varias vilas destes vales coa complicidade dos seus paisanos.

A restauración en 4K (supervisada por Montxo Armendáriz e co acordo de Mercury Films) foi financiada polo Goberno Vasco e conducida pola Filmoteca Vasca a partir dos negativos orixinais conservados na Filmoteca Española. Traballos de restauración dixital levados a cabo no laboratorio L’ Immagine Ritrovata, de Boloña.

VOE

Premios
  • Primeiro Premio "Makhila de Ouro" no Festival de Chicago
  • Premio Revelación ao director
  • Premio "Luis Buñuel" ao Mellor director
  • Mención Especial e Premio FRIPRESCI no Festival de Biarritz
  • Placa Especial de Ouro como Mellor Película en Tenerife
  • Segundo Premio Sección Oficial e Premio FIPRESCI no Festival de San Sebastián
  • Premio Mellor Primeira Película no Festival de Chicago
  • Premio Mellor Dirección e Mellor Fotografía no Festival de Cartagena de Indias
  • "GENZINIA DE OURO" no Festival de Trento (Italia)