Ir o contido principal
Viaxe ao N.E de Portugal
Viaxe ao N.E de Portugal

Do 16 ó 18 de maio o Club Cultural Valle-Inclán realizará unha viaxe polo N.E. portugués, visitando a vila histórica de Chaves e o seu novo Museu das Termas Romanas, a cidade de Vila Real, unha das capitais da rexión de Tras-os-Montes, e na súa comarca o singular santuario rupestre galaico-romano das Fragas de Panoias, rematando cunha visita ó coñecido conxunto termal do Balneario e Palacio-Hotel de Vidago.