
O Club Cultural Valle-Inclán pecha as Sesións de Filmoteca do primeiro semestre de 2025 cun ciclo dedicado a Wim Wenders que se desenvolverá de acordo co seguinte programa:
* Día 21 de maio: París Texas, Alemaña, Francia, Reino Unido, 1984 – 145 min
* Día 28 de maio: El cielo sobre Berlín, Alemaña, Francia, 1987 – 128 min Premios
* Día 4 de xuño: El amigo americano, Alemaña, Francia, 1977 – 128 min Premios
* Día 11 de xuño: Alicia en las ciudades, Alemaña, 1974 – 110 min
Versión orixinal con subtítulos en castelán.
En colaboración coa Filmoteca de Galicia e segundo convenio asinado por Xunta de Galicia e Federación de Cineclubes de Galicia (FECIGA).
Salón de actos da Casa do Saber (USC), en sesión de 19:30 h
Entrada libre e de balde para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público, cota proporcional de socio.
Iniciada a sesión non se permitirá o acceso á sala.