Ir o contido principal
Por terras de Cáceres
Por terras de Cáceres

Entre o 12 e o 15 de xuño o Valle-Inclán realizará unha viaxe cultural polas terras de Cáceres. Ademais da capital, que é Patrimonio da Humanidade na súa cidade vella, coas súas murallas, casonas e palacios, museos, concatedral e igrexas, visitaranse tamén as vilas históricas de Alcántara, coa súa ponte romana, e Coria, coas súas murallas e catedral, así como a comarca fronteiriza de Trevejo e Elhas onde se conserva unha variante da fala galega, finalizando a viaxe na pintoresca vila salmantina de Candelario.