O Club Cultural Valle-Inclán rende homenaxe a Begoña Caamaño á que a Real Academia Galega lle dedica as Letras Galegas 2026.
Para celebralo organiza un coloquio baixo o título “Begoña Caamaño: Ler o mundo, escribir historias” no que participarán Mª Xesús Nogueira, ensaísta e profesora da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, e Malores Villanueva, doutora en Filoloxía galega e profesora.
Terá lugar no Salón de Actos da Deputación Provincial, o luns, 16 de marzo, ás 19:30 horas.
Os asistentes recibirán o agasallo dun marcador de libros como recordo e honra a Begoña.