Ir o contido principal
Presentación libro "Agora non é antes", de Antón Baamonde
Presentación libro "Agora non é antes", de Antón Baamonde

O Club Cultural Valle-Inclán cumpre os sesenta anos e organiza o ciclo “Agora non é antes”, título que coincide co do libro do filósofo Antón Baamonde  que se presenta o luns, día 23 de marzo.  

O autor estará acompañado por Manuel Gago, xornalista, profesor e dinamizador cultural. Presentará o acto Felipe Arias Vilas, vicepresidente do Valle-Inclán.

Antón Baamonde (Vilalba 1959) é un pensador, filósofo, ensaísta e articulista, intenta entender e captar Galicia dende outro ángulo, dende un ángulo diferente ao habitual. Pensa que para encarar o futuro debemos recoñecernos no que realmente somos, non nun imaxinario do pasado tópico e irreal.

“Combater os clixés, transformar o modo en que nos imaxinamos, abandonar a retórica da pasividade, enfocar o país dun modo máis plausible” é o que propón neste seu último libro que leva por subtítulo “Ideas para una revolución tranquila”

Salón de Actos da Deputación Provicial de Lugo, ás 19:30 horas.