Ir o contido principal
Ciclo Agora non é antes. Mesa redonda "Agora"
Ciclo Agora non é antes. Mesa redonda "Agora"

O Club Cultural Valle-Inclán programa o terceiro dos actos do ciclo “Agora non é antes”, na celebración dos 60 anos, con unha mesa redonda na que participarán persoas das xeracións posteriores á transición. O AGORA.

Que pensan as xeracións que naceron con posterioridade aos anos 70 sobre aquela Galicia e a Galicia de hoxe, sobre aquel mundo e o mundo de hoxe?

Con frecuencia escóitanse voces de insatisfacción co presente e mesmo co sistema. Semella que se está estendendo unha desconfianza e un retroceso respecto a todo aquelo que, noutra hora simbolizaba o avance e a ilusión. Que hai de todo isto?

Para contestar a estas preguntas imos contar con catro  persoas,  de ámbitos e de profesións diversas; algunhas participaron na actividade política e outras non pero todas elas comparten unha preocupación polo seu entorno e polo mundo en que viven, en que vivimos. 

Compoñen a mesa: Alicia Carballedo Portela, Xornalista, Directora de Radio Lugo-SER;  Olga Louzao Aldariz, Licenciada en ciencias políticas; Serxio María Rodríguez Álvarez, Politólogo e historiador galego; Fernando Suárez Barcia, Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Presentador – Moderador: Xosé Ramón Cando Vázquez, filósofo e escritor.

Xoves, 7 de maio, Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, 19:30 horas.