O Club Cultural Valle-Inclán programa as “Sesións de Filmoteca” do mes de maio de 2026 con filmes variados en xénero, países e anos de realización, desde a película de culto Casablanca (1942 - EEUU) ao documetal galego, tradición e festa Rapa (2024 - Galicia), pasando polo documental con referencias á inmigración, arquitectura, vellez/madurez e amizade de Historias del buen valle (2025 - Cataluña) e o melodrama Las amargas lágrimas de Petra von Kant (1972 - RFA).
En colaboración coa Filmoteca de Galicia e convenio coa Xunta de Galicia, Xacobeo 2027.
Mércores, Salón de Actos da Casa do Saber, sesión de 19:30 horas. Entrada de balde para socios e comunidade universitaria; resto do público, cota proporcional de socio. Iniciada a proxección, non se permitirá o ácceso á sala.