SEGREDO DO HUMOR
Unha das obras fundamentais do ensaio galego é O segredo do humor, publicada en 1963.
A achega de Fernández de la Vega constitúe unha das aproximacións máis rigorosas e orixinais a un tema fundamental para a comprensión do ser humano e a súa relación co mundo. O humor pódese considerar como un dos fenómenos
característicos da época moderna, xa que a esencia do humorismo reside no subxectivismo moderno. O humorismo é anovador, cuestiona as convencións, arríscase na singularidade.