Eu non sei si xa pasou
ou se inda ten que pasar,
ou se aquelo que eu sentín
non foi sentir, foi soñar.
(Palabra no tempo)
María Mariño: unha noiesa no Courel
(Noia 1907-Parada do Courel 1967)
Muller de condición social humilde e de formación autodidacta, que viviu á marxe das modas e correntes literarias da época. A súa obra poética recóllese en dous libros: “Palabra no tempo” e “Verba que comenza”.
A súa poesía, á parte da tradición popular, nútrese da influencia de Rosalía e de Uxío Novoneyra, o seu veciño en Parada do Courel, en cuxa escola o marido da escritora exercía como mestre. Os temas que máis se repiten nos seus poemas son a relación co medio natural en que vive e a reflexión sobre o seu propio mundo interior. Pero polo que máis destaca María Mariño é polo orixinal tratamento da lingua popular coa que consegue resultados de grande expresividade e beleza.
Primitivo Iglesias