Desde a carpa que ela construíu en Santiago de Chile, Violeta Parra é visitada polos recordos dos homes que deron forma á súa vida: o seu humilde pai, o seu marido e o seu último amante. Pouco a pouco descubrirá os seus segredos, medos, frustracións e alegrías. Dende os seus inicios como cantante de feira xunto á súa irmá, ata a súa consagración internacional como compositora e artista en París, os seus logros son mostrados nun percorrido apaixonante xunto cos personaxes que marcaron os seus sonos, as súas risas e os seus choros. A película está baseada na biografía escrita polo seu fillo Ángel Parra e sitúase en distintos escenarios que transitou Violeta. Recóllense fragmentos dunha entrevista televisada que Violeta realizou en Arxentina no ano 1962.
Lingua Castelán
2011: Premios Goya: Nomeada a Mellor película hispanoamericana. 2011: Premios Ariel: Nomeada a Mellor película Iberoamericana. 2012: Festival de Sundance: Mellor película internacional. 2011: Festival de Huelva de Cine iberoamericano: Colón de Plata mellor director e actriz. 2011: Premios Pedro Sienna: Mellor longametraxe de ficción, Mellor Dirección de Arte, Mellor Protagonista Feminina, Mellor Deseño de Vestiario 2012 Premios Oscar: Representante de Chile na categoría de Mellor Película en Lingua Estranxeira. 2012 Premios Altazor: Mellor Dirección, Mellor guión, Mellor actriz. 2012 Festival Unasur Cine: Mejor Actriz, Mejor caracterización e maquillaxe. Premio Glauber Rocha: Outorgado pola prensa estranxeira no Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano de La Habana, Cuba. Círculo de Críticos de Arte de Chile: Mellor Película Nacional Ficción.