Ir o contido principal
Amor bajo el espino blanco
Ciclo
Ciclo de cine asiátaico
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de actos da Deputación Provincial
Director
Zhang Yimou
Pais
China
Ano da produción
2010
Xénero
Drama. Romance | Drama romántico. Revolución cultural chinesa. Baseado en feitos reais
Duración
114
Produción
Beijing New Picture Film Co.
Director de Fotografía
Zhao Xiaoding
Guión
Yin Lichuan, Gu Xiaobai (Novela: Ai Mi)
Música
Chen Qigang
Intérpretes
Zhou Dongyu, Shawn Dou, Chen Taisheng, Rina Sa, Xi Meijuan, Li Xuejian, Lü Liping, Sun Haiying
Sinopse

Amor baixo o espiño branco cóntanos a historia de Jing, unha colexiala inxenua da cidade que debe trasladarse a unha remota vila na montaña para a súa "reeducación" durante a Revolución Cultural. O seu pai foi encarcerado por "dereitista" e a súa nai loita para alimentar aos seus tres fillos. Jing sabe que tanto o seu futuro coma o benestar da súa familia dependen do seu bo comportamento en opinión das autoridades. Abondaría cun erro para arruinar as súas vidas. Pero a súa prudente e tranquila existencia vese trastornada cando se namora de Sun, o encantador fillo dun militar de elite. Debido á diferenza social que os separa, un romance entre eles é impensable; máis aínda, perigoso. Pero a atracción é mutua, poderosa e innegable. Jing intenta resistirse, pero Sun perséguea, mesmo despois de que a rapaza regrese á cidade. O amor entre ambos os dous florece; é un amor puro, apaixonado e secreto. Ninguén debe decatarse, e menos aínda a nai de Jing. De pronto, Sun desaparece. Cando volve, Jing decátase de que algo cambiou. Deberá revisar as súas ideas acerca do amor, a honra e a lealdade antes de decidir no que cre realmente. A vida de ambos os dous nunca volverá ser a mesma.

 

Premios

2011: Festival de Valladolid - Seminci: Mellor actriz