Ir o contido principal
De tal padre, tal hijo
Ciclo
De tal padre, tal hijo
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de actos da Deputación Provincial
Director
Hirokazu Koreeda
Pais
Xapón
Ano da produción
2013
Xénero
Drama | Familia
Duración
120
Produción
GAGA / TV Man Union
Director de Fotografía
Mikiya Takimoto
Guión
Hirokazu Koreeda (AKA Hirokazu Kore-eda)
Intérpretes
Masaharu Fukuyama, Yôko Maki, Jun Kunimura, Machiko Ono, Lily Franky
Sinopse

Ryota, un arquitecto obsesionado polo éxito profesional, vive felizmente coa súa esposa, Midori, e o seu fillo,Keita, de seis anos. Todo o que Ryota ten gañouno traballando duro e está convencido de que nada pode estragar a súa perfecta vida. Pero un día, a súa muller e el reciben unha chamada inesperada do hospital. Keita, o seu fillo de seis anos, non é o seu fillo, o hospital cometeu un terrible erro e entregoulles o neno equivocado. Ryota vese obrigado a tomar a decisión máis importante da súa vida: deberá escoller entre o innato e o adquirido. Dándose conta da profunda entrega da súa esposa a Keita, aínda sabendo que non é o fillo ao que deu a luz, e despois de coñecer a familia que criou con amor ao seu verdadeiro fillo durante seis anos, Ryota empeza a preguntarse se realmente foi un pai…

Premios
2013: Festival de Cannes: Premio do Xurado 2013: Festival de San Sebastián: Premio do Público