Ir o contido principal
As margaridas
Ciclo
Cine Checo VOSE
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de actos da Deputación Provincial
Director
Vero Chytilová
Pais
Checoslovaquia
Ano da produción
1966
Xénero
Comedia. Drama | Comedia negra. Surrealismo. Cinema experimental. Sátira. Comedia absurda. Nova Onda Checoslovaca
Duración
74
Produción
Barrandov Film Studios.
Director de Fotografía
Jaroslav Lucera
Guión
Vero Chytilová, Ester Krumbachová (Historia: Vero Chytilová, Pavel Jurácek)
Música
Jirí Slitr, Jirí Sust.
Intérpretes
itka Cerhová, Ivana Karbanová, Marie Cesková, Julius Albert, Jan Klusák
Sinopse

Dúas rapazas novas conclúen, mentres toman o sol en bikini, que se "neste mundo todo está corrompido, estaremos corrompidas nós tamén”. Así se activa o mecanismo que pon en marcha a película: unha tras outra, iranse producindo escenas inconexa nas cales as dúas protagonistas xogan a ser malas co seu ámbito. Enganan homes maduros para comer gratuitamente, escriben e debuxan nas paredes da súa casa, improvisan un baile nun cabaré para boicotear o número que está en escena, engolen e despezan  os   manxares  dun  banquete  preparado  para  outros,  etc. Rompendo toda linealidade narrativa e empregando a técnica da colaxe tanto a nivel visual como auditivo, Vero Chytilová constrúe unha película crítica coa sociedade contemporánea e coa posición que ocupa a muller nun mundo dominado polo masculino. Esta película metafórica, provocativa e esencialmente reflexiva, foi nos sesenta un emblema de A Nova Ola Checa.

Vero Chytilová (1929 -2014), unha das máis grandes directoras checas, foi unha vanguardista e pioneira do cinema checo e unha gran feminista. Os seus condiscípulos foron Miloš Forman e Jirí Menzel. A sua obra forma a faceta máis experimental da famosa Nova Ola Checoslovaca. Ao fracasar a Primavera de Praga (1969), a súa actividade foi prohibida polo goberno comunista ata 1975.
 

Premios
Gran Premio no Festival Internacional de Cine – Bergamo. Gran Premio da Asociación de Críticos de Bélxica 1968. VI Premio de técnica Bruxelas - Prix de Excellence.