Ir o contido principal
A miña doce viliña
Ciclo
Cine Checo VOSE
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de actos da Deputación Provincial
Director
Jirí Menzel
Pais
Checoslovaquia
Ano da produción
1986
Xénero
Comedia. Drama | Vida rural
Duración
100
Produción
Barrandov Film Studios
Director de Fotografía
Jaromír Sofr
Guión
Zdenek Sverák, Václav Sasek
Música
Jirí Sust
Intérpretes
János Bán, Marian Labuda, Rudolf Hruínský, Petr Cepek, Libuse<br />
Safránková, Jan Hartl, Milada Jezková, Miloslav Stibich, Stanislav Aubrecht, Jarda Pávek, Milena Dvorská, Magda Sebestová, Zdenek Sverák, Oldrich Vlach, Rudolf Hruínský Jr.
Sinopse

Nunha  vila  de  Krekovice, preto de  Praga, os  habitantes  viven organizados nunha cooperativa, herdanza do réxime soviético instalado en Checoslovaquia dende o fin de la Segunda Guerra Mundial. Por este motivo, todos son responsables de Otík, un rapaz atrasado que vive só. Dentro desta estrutura solidaria, Otík traballa como axudante de Pávek, condutor dun camión. Tras unha longa tempada xuntos, Pávek decide prescindir do seu compañeiro, pois é demasiado despistado e dálle máis problemas que alegrías. Outro veciño da vila deberá admitir ao mozo como axudante. A este problema súmaselle outro: alguén está a intentar apropiarse da casa de Otík sen que este se decate. Os cidadáns e o director da cooperativa deberán atopar solución a istos asuntos, mentres ao seu arredor vanse sucedendo os accidentes de coche dun médico hedonista, namoramentos xuvenís, e adulterios. A ironía, tenrura e humor serven a Jirí Menzel para tecer esta espléndida comedia coral.

Jirí Menzel (1938), un dos mellores directores do cinema checo, gañador do Oscar pola súa película Trens rigorosamente vixiados, considerado un dos filmes do cumio do cinema europeo. Representante de A Nova Onda Checa nos anos 60.
 

Premios
Festival Internacional de comedias- Chamrouse, Francie- Gran Premio do Xurado. Festival Internacional de Prades, Francia 1º Premio. Festival Internacional de Cine para novos- París - Premio ao Mellor Actor (János Bán). 1986: Nominada ao Oscar Mellor película de fala non inglesa. 37 Festival de Cine - Premio de Martin Frič (Jiří Menzel). Festival Internacional de Cine Aurilac, Francia - Gran Premio do Festival. Festival Internacional de Cine Montreal- Gran Premio do Xurado. Festival Internacional de Cine Montreal - Premio OCIC. Festival Internacional de Cine Valladoid - Premio do Público.