Ir o contido principal
Kolya
Ciclo
Cine Checo VOSE
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de actos da Deputación Provincial
Director
Jan Sverák
Pais
República Checa
Ano da produción
1996
Xénero
Comedia. Drama | Comedia dramática.
Duración
110
Produción
Coprodución República Checa-GB
Director de Fotografía
Vladimir Smutny
Guión
Zdenek Sverák
Música
Ondrej Soukup
Intérpretes
Zdenek Sverák, Andrej Chalimon, Irina Livanova, Ondrej Vetchy, Lilian Malkina, Stella Zázvorková, Libuse Safránková
Sinopse

 Louka é un chelista de mediana idade que, por conveniencia, decide aceptar en matrimonio a unha muller rusa. Pouco despois da voda, a súa esposa abandónao deixándolle ao seu fillo de cinco anos, Kolya. Descontentos coa súa nova situación e sen falar o mesmo idioma, ambos os dous necesitarán tempo e paciencia para superar a barreira cultural que os separa. Pero cando isto acontece, un vínculo indestrutible fórmase entre eles.  Aclamada  polos  críticos  de  todo  o mundo  pola  sua  conmovedora historia e a súa destacada repartición, Kolya é unha entrañable comedia que chega ao corazón.

Jan Sverák (1965) é actor, produtor e e un dos directores máis destacados dende a Revolución de Terciopelo (1989). Pola súa película Kolya foi galardoado cun Óscar (1997).

Premios
1996: Oscar Mellor película de fala non inglesa. 1996: Globo de Ouro Mellor película de fala non inglesa. 1996: Nominada Premios BAFTA Mellor película de fala non inglesa. 1996: Festival de Venecia Mención Honorable (Jan Sverák) Best Director (Jan Svěrák) Tokyo Sakura Grand Prix. Seis Leóns checos.