Ir o contido principal
Algo parecido á felicidade
Ciclo
Cine Checo VOSE
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de actos da Deputación Provincial
Director
Bohdan Sláma
Pais
República Checa
Ano da produción
2005
Xénero
Drama
Duración
101
Produción
Coprodución República Checa-Alemaña; Negativ s.r.o / Bontonfilm, a.s. / Ceska televize.
Director de Fotografía
Divis Marek
Guión
Bohdan Sláma
Música
Leonid Soybelman
Intérpretes
Pavel Liska, Tatiana Vilhelmová, Anna Geislerová, Zuzana Krónerová, Marek Daniel
Sinopse

Monika, Toník e Dáa son amigos da infancia. Viven nun conxunto de bloques nos arredores dunha pequena cidade industrial, preto da maior planta química do país. Monika, unha rapaza amable e cun gran corazón, traballa nun supermercado mentres espera que o seu noivo George, que emigrou a Estados Unidos, lle mande un billete de avión para reunirse con el. Toník, que está namorado de Monika, deixou uns pais conservadores para refuxiarse na vella granxa dunha tía inconformista. Dáa, que ten dous fillos pequenos, sae cun home casado e empeza a perder a cabeza. Cando a ingresan nun hospital psiquiátrico, Monika e Toník fanse cargo dos seus dous nenos. Na súa vida todo empeza a ir mellor. ¿Abondará esta situación inesperada para que as dúas almas perdidas descuban que as súas almas teñen moito potencial?.

Bohdan Sláma (1967), director, guionista, actor e pedagogo na Cátedra de Dirección da Academia de Cine de Praga (FAMU). Galardoado co premio nacional de cinema O león checo en 2006 e coa Cuncha de Ouro do festival San Sebastián (2005).

Premios
2005: San Sebastián: Cuncha de Ouro - Mellor Película e mellor actriz (Anna Geislerová). 7 Premios León checo. 2006 Festival Premiers Plans Angers - Premio do público (Bohdan Sláma), Premio do Xurado Europeo (Bohdan Sláma). Premio para gremio de actores. 2006 Festival Internacional de Cine Terst - Premio de honor. 2006 Viareggio EuropaCinema, EuropaCinema Platinum (Bohdan Sláma, Mellor Guión ) 2005 Festival du Nouveau Cinéma, Montreal - Mellor película 2005 Festival Internacional de Cine Atenas - Athena de Ouro (Bohdan Sláma) 2005 Festival Internacional de Cine Bratislava - Premio do xurado ecuménico (Bohdan Sláma). Mellor actor (Pavel Liška) 2005 Festival Internacional de Cine Cottbus - Cine FIPRESCI (Bohdan Sláma). Premio del Público.