Ciclo
Ciclo Cine de outono 2018
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director
Julia Dahr
Pais
Noruega
Ano da produción
2017
Xénero
Documental | Vida rural. África
Duración
90
Produción
Coprodución Norueguesa-Reino Unido; Differ Media / Banyak Films
Director de Fotografía
Julie Lunde, Lillesæter
Música
Christopher White
Intérpretes
Documentary
Sinopse
Kisilu Musya, un granxeiro kenyano, leva catro anos gravando a vida da súa familia, o seu pobo e os efectos devastadores do cambio climático sobre a súa terra. Cando o seu fogar é destruído por unha tormenta, o realizador autodidacta organiza un movemento comunitario de agricultores que loitan contra os impactos do clima extremo. Kisilu logra chegar lonxe coa súa loita -ata Oslo e os círculos de decisión do cume do cambio climático de París-, pero canto máis penetra no mundo da política global, máis resistencia, burocracia e arrogancia atopa.
Esta é a cativadora e inspiradora historia dun optimista infatigable, que pon a proba os seus límites contra toda adversidade na súa loita pola xustiza climática.
VOSE