Ciclo
Ciclo Cine de outono 2018
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director
Nabil Ayouch
Pais
Marrocos
Ano da produción
2012
Xénero
Drama | Terrorismo
Duración
113
Produción
Les films du nouveau monde
Director de Fotografía
Hichame Alaouie
Guión
Jamal Belmahi, Mahi Binebine
Música
Malvina Meinier
Intérpretes
Abdelhakim Rachid Abdelilah Rachid, Hamza Souidek, Ahmed El Idrissi El Armani
Sinopse
Yachine ten dez anos e vive coa súa familia en Sidi Moumen, un poboado de chabolas de Casabranca. A súa nai, Yemma, fai o que pode por sacar adiante á familia. O seu pai atópase nun estado depresivo e dos seus tres irmáns un está no exército, outro é practicamente autista e o terceiro, que ten trece anos e se chama Hamid, é o xefe do barrio e o protector de Yachine. Cando Hamid é encarcerado, Yachine ocúpase de varios traballos que lle axudan a escapar do marasmo provocado pola violencia, a miseria e a drogadicción que o rodean. Cando Hamid sae do nun islamita radical e convence a Yachine e aos seus amigos para que se unan aos seus "irmáns". O líder espiritual do grupo, o imán Abou Zoubeir, encárgase de dirixir o prolongado adestramento físico e mental dos raparigos, antes de anunciarlles que foron elixidos para converterse en mártires.
Inspirada nos atentados terroristas que tiveron lugar o 16 de maio de 2003 en Casabranca.
VOSE