* Greater Love Hath No Man. Ano: 1911. Duración: 14 minutos. Repartición: Romaine Fielding, Vinnie Burns. Sinopse: Considerado por moitos como o primeiro western de orixe francés, a lexendaria cineasta pioneira Alice Guy-Blanché (1873-1968) constrúe un relato, que, dentro das súas capacidades de versatilidade xenérica, xira arredor dun triángulo amoroso en plena época da febre do ouro.
* Falling Leaves. Ano: 1912. Duración: 12 minutos. Repartición: Mace Greenleaf, Blanche Cornwall. Sinopse: O doutor Headley realiza unha proba exitosa contra a tuberculose. Entrementres, a moza Winifred xace na súa casa, na cama, presa dunha enfermidade. É outono e as follas caen. Unha visita oportuna do doutor Headley pode salvar a doente ao tempo que estimular unha historia de amor.
* Making an American Citizen. Ano: 1912. Duración: 14 minutos. Repartición: Lee Beggs, Blanche Cornwall. Sinopse: Un filme avanzado ao seu tempo, capaz de integrar feminismo, loita contra a opresión, inmigración e integración cultural a través da historia dunha parella de europeos susceptibles de se converteren en “bos americanos”.
* A Fool and his Money. Ano: 1912. Duración: 10 minutos. Repartición: James Russell. Sinopse: Alice Guy concibe un título insólito, unha das primeiras películas con elenco integramente afroamericano. Comedia satírica sobre os avatares dunha familia negra de clase media (outro elemento daquela atípico), a lea xorde polo achado dunha cantidade importante de diñeiro.
* The Ocean Waif. Ano: 1916. Duración: 36 minutos. Repartición: Carlyle Blackwell, Doris Kenyon. Sinopse: tratada brutalmente por un home sádico, que a obriga a traballar como escrava e bate nela. Nesa localidade, un célebre novelista namorarase dela.
Susdpendida por Covid-19