Astrid vive en Berlín canda os dous fillos, Flo e Phillip. Tras a morte do seu home, un famoso director de teatro, tenta recompoñer a súa vida e superar a súa ausencia. Na intimidade, a familia libra unha loita cotiá onde as actividades máis simples se converten en retos inesperados: a compra dunha bicicleta, un baño na piscina ou unha representación escolar de Hamlet. O fráxil equilibro derrúbase cando Phillip foxe da casa... A directora alemá Angela Schanelec fai gala do seu estilo elíptico e un elegante sentido do humor para crear o retrato indeleble dunha pequena comunidade que se enfronta aos interrogantes fundamentais da existencia. VOSE
2019: Festival de Berlín: Mellor dirección 2019: Festival de Mar do Prata: Mellor director (ex aequo)