Ir o contido principal
Arquitectura de Emerxencia
Ciclo
Arquitectura de Cine II
Data de proxección
Lugar de proxección
Salon de Actos da Deputación de Lugo
Director
Michel Quinejure
Ano da produción
2000
Xénero
Documental
Duración
52
Guión
Belinda Tato y José Luis Vallejo
Sinopse

O documental ARQUITECTURA DE EMERXENCIA recorre o traballo do arquitecto dende Turquía (1999) onde instala as Paper Log Houses a base de cilindros de cartón, a Hanóver (2000 onde concibe o pavillón xaponés reciclable para a Exposición Universal, pasando por Tokio, París e Nantes, onde comparte as súas preocupacións con xóvenes estudantes de arquitectura. A súa cooperación, iniciada no 1995, tralo terremoto de Kobe en Xapón, manifestouse máis recentemente na creación de refuxios para miles de damnificados polo terremoto e o devastador tsunami que asolou a costa do Oano Pacífico en Xapón, o pasado 11 de Marzo de 2011.

ARQUITECTO. Shigeru Ban (Tokio, 1957). Formouse en Southerm Caifornia Institute of Architeture e proseguiu na Cooper Union School baixo a tutela de John Hedjuk,. Tras un ano de traballo con Arata Isozaki funda en 1985 o seu propio estudio de arquitectura en Tokio: Shigeru Ban Architects. En 1995 é nomeado consultor po o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os refuxiados (ACNUR) e establece a ONG VAN (Voluntary Architects Network) especializada en vivendas temporais para habitantes en zonas de desastre..