Ir o contido principal
A delirante historia da Pagoda
Ciclo
Arquitectura de Cine II
Data de proxección
Lugar de proxección
Salon de Actos da Deputación de Lugo
Director
Andrés Rubio
Ano da produción
2011
Xénero
Documental
Duración
56
Guión
Luis Maldonado y David Rivera
Sinopse

O  documental A  delirante  historia  da  Pagoda  describe  a demolición en xullo de 1999 de 'La Pagoda', unha das obras máis populares de Fisac. Dende as súas orixes manchegas ata a súa chegada a Madrid descubrimos a un dos arquitectos máis interesantes, complexos  e incomprendidodo período franquista e da transición cara a democracia. A delirante historia da Pagoda estreouse en 2011 no Festival de Cine de Arquitectura de terdam. A edición en DVD inclúe o corto audiovisual  Razón y ser de los tipos, de los realizadores Fermín Blanco y Álex del Río.

ARQUITECTO. Miguel Fisac (1913-2006)

O arquitecto manchego aportou ó século XXI un exemplo de dilixencia investigadora,  de  experimentación  constructiva  e inventiva tecnolóxica, de creatividade aplicada ó proxectos. Os seus famosos 'ósos' foron vigas de formigón pretensado de sección oca con formas similares a estructuras óseas. Pouco simpatizante da arquitectura do Movemento Moderno, para Fisac a esencia da arquitectura era material, non técnica, e a tradición era unha fonte de coñecemento tan válida como as experiencias contemporáneas. O recoñecemento chegoulle ó fin da súa vida coa obtención , en 1994, da Medalla de Ouro da Arquitectura (CSCAE), en 1997, do Premio Antonio Camuiñas de Arquitectura e, en 2003, do Premio Nacionalde Arquitectura.