O documental ARQUITECTURA IMAGINARIA recapitula a vida do arquitecto con exemplos cronoloxicamente seleccionados: a esperanza do espertar dos primeiros proxectos dos anos 20 segue unha obrigada retirada profesional durante o nacional-socialismo. É entón cando desenvolve non poucas obras imaxinarias nas que se aprecia o seu anhelo por realizar símbolos colectivos. Anos despois da guerra foi cando obtivo o recoñecemento da súa orixinal concepción arquitectónica.
ARQUITECTO. Hans Scharoun (1893-1972)
O arquitecto alemán coñecido por deseñar a Filarmónica de Berlín (1956-1963) e a Casa Schminke (1932-1933) en Löbau, construíu fiel ás bases do funcionalismo. Pero a súa obra foi dificilmente clasificable. Ó rematar a Primeira Guerra MUndial, á que se alistou como voluntario, interrumpindo os seus estudios de arquitectura, estableceuse como arquitecto na cidade de Breslau. Alí desenvolveu os seus primeiros proxectos e organizou varias exposicións, entre elas, a primeira exposición do grupo expresionista Die Brücke.