Ciclo
Ciclo de Cine Alemán
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere
Director
Leander Haussmann
Pais
Alemaña
Ano da produción
1999
Xénero
Comedia
Duración
94
Produción
Claus Boje, Detlev Buck
Director de Fotografía
Peter Krause
Montaxe
Sandy Saffeels
Guión
Thomas Brussig, Leander Haussmann, Detlev Buck
Música
Stephen Keusch, Paul Lemp
Intérpretes
Alexander Scheer, Alexander Beyer, Robert Stadlober, Katharina Thalbach
Sinopse
Berlín, anos 70. A Sonnenallee é unha rúa dividida polo Muro na que se atopa un dos postos fronteirizos entre ambas as Alemanias.
Sonnenallee ofrécenos unha mirada sobre a RDA que en ningún momento é lacrimóxena senón tremendamente sentimental e esaxerada. Trata sobre a mocidade, as cancións e bailes prohibidos e sobre o gran amor que todo o cambia. Unha historia de humor adolescente, un fresco e aloucado relato de iniciación protagonizado por unha cuadrilla de mozos que se rebelan contra o control policial en busca do significado do amor e a liberdade.
Premios
1999: 2 Premios do cine Alemán: 2ª mellor película e deseño de producción.
1997: Premios do cine Alemán: Mellor guión.