Ir o contido principal
Salvaxe, salvaxe
Ciclo
Sesións de Filmoteca outubro 2025
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber
Director
Emilio Fonseca Martín
Pais
España
Ano da produción
2024
Xénero
Documental | Vida rural. cans/Lobos
Duración
86
Produción
Walkie Talkie Films
Director de Fotografía
Emilio Fonseca Martín
Montaxe
Emilio Fonseca Martín
Guión
Emilio Fonseca Martín, Xiana do Teixeiro
Música
Ángel Faraldo
Intérpretes
Documental, Intervencións de Joana Casimiro, Pablo Sierra Abraín, Francisco Alvares, María Rene Flores Calvo
Sinopse

«Cheiras iso?» A cámara entra nos montes de Galicia e do norte de Portugal entre murmurios. Para tecer os sinais que deixa a vida salvaxe hai que agudizar os sentidos. Estas imaxes afástanse da representación de pureza virxinal asociada ás paisaxes naturais do noroeste da Península Ibérica. Son conscientes do intenso modelado da acción humana. Ser unha criatura salvaxe aquí é ser salvaxe asediado. SALVAXE, SALVAXE rastrexa imaxes e ausencias do lobo ibérico xunto a un equipo de investigación universitario. Atravesa unha historia relacional cargada de mitoloxía popular, sometemento e exterminio e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes-simulacro do natural salvaxe.

Nun tempo de colapso e catástrofe ecolóxica, este ensaio fílmico interroga os lindes entre o doméstico e o indómito, entre o puro e o híbrido. A crise perceptiva xerada por esas dualidades dilúese no recoñecemento da fluidez dos ecosistemas: toda a materia que somos é e será doutras criaturas. SALVAXE, SALVAXE busca resignificar as imaxes da natureza e cuestionar a relación entre humanos e non humanos. Un exercicio fílmico que se achega ao silvestre sen suplantalo, co desexo de descubrir a súa existencia e sen necesidade de representalo, revelando tanto as imaxes de ausencia como as de encontros (con lobos). Un filme que non elude as implicacións de tomar rexistro do salvaxe, que habita a contradición e afina o instrumento cinematográfico, ético e político que produce imaxes para re-habitar o mundo.

SALVAXE, SALVAXE é un anti-documental de natureza: nel aparecen lobos que devolven a mirada á cámara aterrorizados e humanos que saben ouvear. Todas as criaturas deixamos rastros neste baile coidadoso de rastrexadores rastrexados.

Premios

Festival de Málaga (2024): Biznaga de Prata ao Mellor Documental.

Play-doc Festival: Mellor Film galego.    

Festival de Cine Documental Alcances: Mención Especial do Xurado.

Ourense Film Festival (OUFF 29): Mellor dirección. 

Another Way Film Festival: Premio do Público á Mellor Película (sección Impacto).

Festival Internacional de Cine en Guadalajara: Premio de Cine Socioambiental - Mención Honorífica.