Ir o contido principal
Contrafaces
Ciclo
Sesións de Filmoteca - CGAI
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber (Vicerreitorado)
Director
Fon Cortizo
Pais
España
Ano da produción
2015
Duración
74
Produción
Asombra Cinema
Guión
Álex Cancelo, Fon Cortizo
Música
David Regueiro
Intérpretes
Erin Moure, Elías Knorr, Iolanda Zúñiga, Elías Portela, Chus Pato, Fran Alonso
Sinopse
A canadense Erin Moure descubriu as súas orixes galegas hai 20 anos o que acabou por cambiar a súa vida e a súa poesía. En Islandia, Elías Knörr é un recoñecido poeta. Durante anos conseguiu manter oculta a súa identidade, agora explora novos camiños de creación. Iolanda está na busca da súa propia voz desde que descubriu que algúns dos seus poemas xa foran escritos noutros idiomas. Ninguén parece saber quen é Elisa Sampedrín pero ela segue escribindo e influíndo a creadores en diferentes partes do mundo. Contrafaces é unha mirada a como as linguaxes constrúen identidades individuais e colectivas e como o proceso creativo convértese nun proceso colaborativo no cal as identidades dos autores como individuos acaban por diluírse.