
Durante as vacacións do verán, Felicia e Charles teñen un apaixonado romance, mais debido a unha confusión de enderezos perden o contacto. Cinco anos despois, en Nadal, Felicia está en París coa súa nai e a súa filla, nacida nove meses despois daquel verán. O segundo dos Contos das Catro Estacións é outro relato fondo, sorprendente, un ensaio en forma de conto filosófico onde o amor resulta o elemento central e a literatura –da novela bizantina a Shakespeare (ollo a un segmento que representa unha obra do xenio de Stratford-upon-Avon)- devén decisiva. A obsesión polo amor ausente e a vulnerabilidade dos afectos na contorna ofrecen deste xeito un filme intenso e lúcido. VOSE
En colaboración coa Filmoteca de Galicia, segundo convenio de colaboración coa AGADIC.