
Geneviève é unha moza que vive coa súa nai e axúdalle na tenda de paraugas que teñen en Cherburgo. Está namorada de Guy, un mozo mecánico, co que pensa casar a pesar da oposición da súa nai, que considera a Geneviève demasiado nova e a Guy demasiado pobre. Para pagar unha débeda, a nai vese obrigada a vender un colar a un rico xoieiro que se namora de Geneviève desde o primeiro momento. Mentres tanto, Guy terá que ausentarse dous anos para ir a Alxeria a facer o servizo militar.
1964: 4 nominacións ao Oscar
1965: Nominada ao Oscar: Mellor película de fala non inglesa.
1965: Globos de ouro: Nominada Mellor película de fala non inglesa.
1964: Festival de Cannes: Palma de Ouro, Premio técnico e Premio OCIC.
1964: Premios do Sindicato de Críticos de Cine Franceses: Mellor película