Mesa redonda Benestar social: a psiquiatrización do social
- Galería Sargadelos
O Club Cultural Valle-Inclán organiza unha mesa redonda baixo o título Benestar social: A psiquiatrización do Social na que interveñen: - Sagrario Fernández Méndez, traballadora social do HULA - Bernardino Pardo Teijeiro, médico de Nadela. - Luis Vila Pillado, xefe de Servizo de Psiquiatría do HULA. - Modera, Branca Rodríguez Pazos, membro do club. Pecha coloquio
Presentación da iniciativa Sermos Galiza
- Galería Saragadelos
O Club Cultural Valle-Inclán presenta Sermos Galiza, un novo proxecto xornalístico e unha iniciativa que convoca á sociedade máis concienciada na procura dos apoios precisos para o lanzamento dun semanario en papel e dun diario dixital en galego que teñan a Galiza como centro de atención informativa. Neste acto de presentación os membros do Grupo Promotor, María Reimóndez, Néstor Rego, Olaia Rodil, Rubén Lois e Tareixa Campo, en representación da súa irmá Marica, foron os encargados de nos explicar esta andaina xornalística.
PRESENTACIÓN DO LIBRO CAMAS DE HIERBA
- Galería Sargadelos
O Club Cultural Valle-Inclán presenta o libro Camas de hierba"Ediciones Vitruvio" de Héctor Acebo. Acompañan ao autor o profesor e escritor Claudio Rodríguez Fer, o periodista Javier Rivera e a presidenta do club Tonina Gay. Camas de hierba é un poemario escrito baixo a tutela de Antonio Martínez Sarrión, un dos grandes poetas e memorialistas vivos, e conforma o número 248 de “Baños del Carmen”, a principal colección de "Ediciones Vitruvio". Héctor Acebo (San Tirso de Abres, Asturias, 1987 ) é licenciado en Periodismo pola Universidad Complutense, escribe artigos de opinión e de crítica literaria e cinematográfica en varios medios impresos e dixitais. Na actualidade, ademáis de xefe de opinión en "La huella digital", colabora no diario asturiano "La Nueva España", e en "La Comarca del Eo",semanario editado por "El Progreso". www.lahuelladigital.com/claudio-rodriguez-fer-apadrino-literariamente-a-hector-acebo-en-lugo/ llavedeloscampos.blogspot.com.es/2011_09_01_archive.html
Letras Galegas 2011 Lois Pereiro
- Galería Sargadelos
O Club Cultural Valle-Inclán celebra as letras galegas ao tempo que se achega á figura de Lois Pereiro, autor designado pola Real Academia Galega para homenaxear no ano 2011. Mª Xesús Nogueira, doutora en Filoloxía Galega, profesora na Facultade de Humanidades de Lugo, escritora e crítica literaria pronunciou unha conferencia co título Lois Pereiro: furia, poesía, vida. A poñente é autora do libro Diccionario Lois Pereiro, publicado por "3C3 Editores", con limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Debate A Cultura en Lugo
- Salón de actos do Pazo de San Marcos
Con motivo das eleccións municipais que terán lugar o día 22 de maio de 2011, o Club Cultural Valle-Inclán organiza un debate sobre A cultura en Lugo. Asociacionismo cultural, programación, relacións coas institucións e colaboracións, infraestruturas…, entre outras cuestións, serán analizadas e valoradas nun acto, seguido de coloquio. Participan: - Xosé Clemente López Orozco, alcalde da cidade e cabeza de lista polo PSdeG PSOE. - Xaime Castiñeira Broz cabeza de lista polo PP. - Antón Bao Abelleira, cabeza de lista polo BNG. - Modera Tonina Gay, presidenta do Club Cultural Valle-Inclán.
Mesa redonda Tráfico e cidadanía
- Salón de actos do Pazo de San Marcos
O Club Cultural Valle-Inclán programa unha mesa redonda baixo o título Tráfico e cidadanía na que se intentará analizar un tema do máximo interese para a convivencia automóbil – cidadán na cidade de Lugo. Tras a exposición dos catro poñentes abrirase coloquio. Participan: - Erundina Pérez Roibás, Directora de Autoescola - Jorge Sanmiguel, Voceiro da Policía Local - Adela Figueroa, en representación de ADEGA - Jaime Gueimonde, Presidente de UNAVE e da Asociación de Veciños Gatos Roxos. - Modera Felipe Arias Vilas, da directiva do Club Cultural Valle-Inclán
Mesa redonda Medio ambiente e resíduos urbáns
- Salón de actos do Pazo de San Marcos
O Club Cultural Valle-Inclán programa unha mesa redonda sobre Medio ambiente e residuos urbáns. Participantes: - Luís Lamas Novo, presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA). -Valentín Arias Pontón, presidente da Asociación de Veciños da Milagrosa. - Lois Toirán, en representación de ADEGA. -Lino González Dopeso, concelleiro de medio ambiente. - Modera, Mª Carmen Longarela Pena, secretaria do Club Cultural Valle-Inclán.